Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 225/2002 e dous máis.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, de 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de

novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 225/2002.

Acta nº: 271/01.

Titular: Ventorrillo Coruña, S.A.

CIF: A15626278.

Enderezo: Gutemberg, 12, pgono. A Grela-Bens, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 27-6-2002.

Sanción: 2.103,56 A.

Feitos: con data 28-2-2002 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración dos artigos 13.1º, 18, e 7.2º e 9º c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en relación coa falta do libro de incidencias, non ter cursado o preceptivo aviso previo á autoridade laboral e non ter sido aprobado o plan de seguridade polo coordinador, respectivamente, na obra de construcción sita na r/ Isaac Peral, s/n (A Coruña).

Tipificación: dúas faltas graves en grao mínimo e unha grave en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos artigos 11.5º, 16.13º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, valorando o número de traballadores afectados (5).

Expediente nº: 227/2002.

Acta nº: 272/02.

Titular: Ventorrillo Coruña, S.A.

CIF: A15626278.

Enderezo: Gutemberg, 12, pgono. A Grela-Bens, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 27-6-2002.

Sanción: 300,51 A.

Feitos: con data 28-2-2002 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración do artigo 18 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro; por non ter cursado á autoridade laboral competente o preceptivo aviso previo do inicio dos traballos na obra de construcción sita na Ronda de Outeiro, nº 215 (A Coruña).

Tipificación: falta leve en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 11.5º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente: 276/2002.

Acta nº: 362/02.

Titular: Cnes. Ausoco, S.L.

CIF: B15574767.

Enderezo: Sanjurjo de Carricarte, 24, baixo, O Burgo, Culleredo.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 27-6-2002.

Sanción: 3.005,08 A

Feitos: con data 14-3-2002 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración dos artigos 14 da Lei 31/1995 e 11 do Real decreto 1627/1997, en relación co anexo IV parte C apartado 3 b), polo risco de caída por rotura da plataforma de traballo, materializado no accidente de José Luis Paz Vázquez; carecendo tamén de plano de seguridade nos termos esixidos do artigo 14 e 16 da Lei 31/1995 e 7 do Real decreto 1627/1997

e 3, 4 e 5 do Real decreto 39/1997; todo isto na obra de construcción sita en Payo Gómez, nº 10 (A Coruña).

Tipificación: dúas faltas graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos artigos 12.16º, 12.6º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 29 de xullo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña