Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 288 e 406/2002.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboaren a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23

de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 288/2002.

Acta nº: 287/02 (I) e (II).

Titular: Villaquil, S.L. (I).

CIF: B15654262.

Enderezo: Cancelas, 42 A, 1º esqda., Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 20-6-2002.

Sanción: 3.005,08 A.

Feitos: con data 5-3-2002 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración do anexo IV-parte C 3 a) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, ó constatarse na visita feita o 24-4-2001 na obra en construcción sita nas Ribeiras-Cacheiras (Teo) que non existía protección colectiva na fachada traseira da edificación, con risco de caída desde 5 metros de altura. Apréciase tamén vulneración do artigo 7 da citada norma ó facerse a obra sen o preceptivo plan de seguridade e saúde.

Tipificación: dúas faltas graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos artigos 12.6º

e 12.16º f) e 39.3º e 40.2º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 406/2002.

Acta nº: 619/02.

Titular: Construcciones Olmo Mar, S.L.

CIF: B15512965.

Enderezo: Otero Pedraio, 2 entlo. D, Ribeira.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 15-7-2002.

Sanción: 1.803,05 A.

Feitos: con data 25-4-2002 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración dos artigos 14.2º, 15, 17 e 18 da Lei 31/1995; artigos 11, 15 e anexo IV parte C -1, 3, 5 do Real decreto 1627/1997 e artigos 196, 197, 198, 206, 221 e 242 da O.M. do 28-8-1970 en relación coa falta de proteccións colectivas e individuais na obra de construcción sita en Son de Abaixo, s/n (Santiago de Compostela), cando realizaban tarefas a uns 6 metros de altura. E por vulneración do anexo IV parte C 2 do Real decreto 1627/1997 e artigos 2, 3, 4 e 8 e anexo I.1 e anexo III.1 do Real decreto 773/1997 en relación coa non utilización do casco de seguridade por parte dos traballadores da mesma obra cando traballaban debaixo do guindastre.

Tipificación: unha falta grave e outra leve, ámbalas dúas en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos artigos 12.16º f), e 11.4º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 1 de agosto de 2002.

P.S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)

Ana Lado Eiríz

Secretaria provincial da Coruña