Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social 22/2002.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ó non poder notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social (ma

teria laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral); o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse de seguido:

Empresa: Abuín, S.L.

Domicilio: Rúa da Terra, políg. O Ceao, Lugo.

NIF: B-27228063.

Nº de expediente: 22/2002.

Contía: 1.502,54 euros.

Disposición infrinxida: artigo 16 da Lei 31/1995.

Contra esta resolución poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser presentado este recurso en tempo e forma, deberá aboa-la multa imposta a través da Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 29 de xullo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo