Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.555

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (127/2002).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 127/2002 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela o 11 de xuño de 2002.

Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos do partido, os presentes autos de xuízo de

faltas nº 127/2002, seguidos por lesións, nos que son parte denunciante Laura Liñares Castiñeiras e María Flores Castiñeiras Guillán, maiores de idade, aparecendo como parte denunciada Mercedes Tarrío Ventoso, María Fátima Estévez Godoy e Ana Teixeira Moreiras, maiores de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por quenda de reparto recibíronse neste xulgado as presentes actuacións e, logo dos trámites legais, dictouse resolución na que se sinalaba o día e a hora para a celebración do correspondente xuízo, citando os implicados para o día fixado, chegado o cal tivo lugar o acto, co resultado que figura na acta levantada para o efecto. Ó acto de xuízo non compareceron as partes malia estaren citadas en legal forma.

Segundo.-No acto do xuízo a parte denunciante non formulou acusación.

Feitos probados.

Único.-Probado e así se declara que o día 19 de xullo de 2001 se formulou denuncia pola que a parte denunciante refería a comisión duns feitos pola parte denunciada que poderían constituír unha falta de lesións, sen que no acto de xuízo se alegara nada sobre a comisión e autoría dos mencionados feitos.

Fundamentos xurídicos.

Único.-É o xuízo penal un procedemento que se rexe no noso ordenamento xurídico polo principio acusatorio, e dado que na presente causa a parte denunciante non formula acusación ningunha contra ninguén, procede absolve-la parte inicialmente denunciada nestas actuacións, declarando as custas de oficio.

Vistos os artigos do Código Penal pertinentes, os da Lei procesual e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación:

Dictamino que debo absolver e absolvo a Mercedes Tarrío Ventoso, María Fátima Estévez Godoy e Ana Teixeira Moreiras, da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a María Fátima Estévez Godoy, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, seis de agosto de dous mil dous.

O secretario

Rubricado