Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.555

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (108/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 108/2001, se dictou sentencia e auto aclaratorio, que no seu encabezamento e parte dispositiva din:

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas número 108/2001, no que foron parte como denunciante María Pilar Bello Varela e como denunciado José Souto Diéguez e con intervención do Ministerio Fiscal. Decido que debo condenar e condeno a José Souto Diéguez, como autor dunha falta do artigo 623.4º do Código Penal á pena de dous meses de multa a razón de 6 euros diarios, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa non pagadas e a que indemnice a María Pilar Bello Varela na cantidade de 197,13 euro (32.800 pesetas) e con imposición das custas causadas nesta instancia.

Parte dispositiva: debo declarar e aclaro a sentencia antes citada no sentido de que no fundamento xurídico terceiro, onde di: «deberá indemnizar a María Pilar Bello Varela na cantidade de 46,88 euros (7.800 pesetas)», debe dicir: «deberá indemnizar a María Pilar Bello Varela na cantidade de 106,98 euros (17.800 pesetas), que é a cantidade que se tivo en conta para calcula-la indemnización civil que se recolle na resolución da sentencia».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Souto Diéguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos, nove de agosto de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA