Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.556

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (310/2002).

Marina Pilar García de Evan, secretaria substituta do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dá fe que nos presentes autos de xuízo verbal número 310/2002, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Joaquín Seoane Vilaboa, contra Construcciones Covilco 2000, S.L., en reclamación de despedimento, dictouse, con data do cinco de agosto de dous mil dous, sentencia, cun dictame que é do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda promovida pro Joaquín Seoane Vilaboa, fronte a Construcciones Covilco 2000, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto o demandante e condeno a dita empresa a que opte entre a readmisión do demandante no seu posto de traballo ou o aboamento da cantidade de setecentos noventa e un euros con setenta e dous céntimos (791,72 euros) en concepto de indemnización, opción que deberá exercer no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentencia, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado, advertíndolle que, de non realizala, se entenderá que procede a primeira, con aboamento en ámbolos dous casos da cantidade de tres mil seis euros con cincuenta e sete céntimos (3.006,57 euros) en concepto de salarios de tramitación, e un haber diario de vintenove euros con dezanove céntimos (29,19 euros) desde a data ata que se notifique esta resolución, e todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais que poidan incumbir

ó Fondo de Garantía Salarial, en caso de insolvencia da empresa demandada.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que, contra ela poderán poñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días, contados desde o seguinte ó da notificación da sentencia, e con expresa advertencia de que, de se-lo recorrente, a empresa demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de recursos deste xulgado do social número dous, de identificación 1596, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina 5947, sita na r/ Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 65) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas), preceptiva legalmente para recorrer; sen estes requisitos non se terá por anunciado o dito recurso».

E para que sirva de notificación de sentencia a Construcciones Covilco 2000, S.L. con domicilio en Alfredo Brañas 18, (gal. A Lúa), planta baixa, local 10, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela, luns, 5 de agosto de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado