Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.514

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (789/2001).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre cantidade, por instancia de María Victoria López López, dictouse resolución do seguinte teor literal:

«Auto.

En Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002. Dada conta:

I. Feitos.

Único.-Neste xulgado e por quenda de reparto correspondeulle demanda presentada por María Vic

toria López López contra Teresa Suárez Casal, sobre cantidade e rexistrada co número 789/2001, na cal tras expo-los feitos e fundamentos de dereitos que estima aplicables ó caso, termina suplicando que se admita a demanda e logo dos trámites legais, se sinale o día e a hora para que teña lugar o acto de conciliación e xuízo, e en definitiva, se dicte sentencia estimando a demanda.

II. Razoamentos xurídicos.

Único.-Que, de conformidade co disposto no artigo 82 e seguintes da Lei de procedemento laboral e o artigo 404 da LAC, é procedente admitir a trámite a demanda e sinala-lo día e a hora en que teñan lugar os actos de conciliación e xuízo, debendo mediar, en todo caso, un mínimo de catro días entre a citación e a efectiva realización dos ditos actos.

III. Parte dispositiva.

Acórdase admitir a trámite a demanda presentada e rexistrala. E de conformidade co disposto na Lei de procedemento laboral, cítense en legal forma as partes litigantes para que o día 16 de decembro de 2002, ás nove horas corenta minutos, comparezan na sala de audiencia deste Xulgado do Social número dous, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de que teñan lugar os actos de conciliación e xuízo que a lei prevén, entregándolle ó demandado no acto da citación a copia da demanda, que con ela se xunta e prevíndoo de que se intenta valerse de avogado, graduado social ou procurador que o dirixa ou represente, deberá poñelo en coñecemento deste tribunal, por escrito, dentro das corenta e oito horas seguintes, e facendo a ámbalas dúas partes as seguintes advertencias: a) que poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante que estea en pleno exercicio dos seus dereitos civís, a designación dos cales poderán facer mediante poder

bastante, por medio de comparecencia ante este xulgado, ou ante o de Primeira Instancia ou de Paz, se é o caso, se o domicilio da parte fora distinto da residencia deste xulgado; b) que a realización do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin tampouco por enfermidade destas, nin dos seus representantes, nin dos seus defensores por canto as partes poden nomear representantes, e estes e o mesmo os defensores, poden substituí-la representación ou a defensa de acordo coas leis, téndose por desistido o demandante se non comparece; e c) que os litigantes, ou quen os represente, teñen que concorrer con tódolos medios de proba de que intenten valerse.

E para as citacións acordadas, expídanse os oportunos despachos e cédulas de citación cos requisitos legais.

Admítese e declárase pertinente a proba proposta e para a súa práctica cítese cos apercibimentos legais o representante legal da demandada, co fin de que

compareza neste xulgado o día e hora sinalados para a realización do xuízo co obxecto de proceder ó interrogatorio de parte proposto pola demandante.

Requírese igualmente a demandada para que achegue ó demandante de xuízo os documentos que figuran no epígrafe documental da demanda.

Notifíquenselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que cabe interpor recurso de reposición ante este xulgado no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Mª Fe López Juiz, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, do que eu, secretario, dou fe».

E para que se publique no DOG e lle sirva de notificación, citación e requirimento a María Teresa Suárez Casal, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA