Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000843/2002-IN, interposto pola Confederación Intersindical Galega.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000843/2002-IN, interposto pola Confederación Intersindical Galega contra o Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG nº 113, do 13 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida Sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA