Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2002 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia do 25 de marzo de 1998, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0004817/1995, interposto por María Elisa Fernández Rodríguez contra resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do 14 de marzo de 1995, dictouse sentencia do vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e oito, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia do 25 de marzo de 1998, que a seguir se transcribe:

«Resolvemos que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por María Elisa Fernández Rodríguez contra resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do 14 de marzo de 1995 que, entre outros pronunciamentos, declara inadmisible o recurso ordinario formulado pola demandante contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo do 5 de novembro de 1993, polo que se outorgou aprobación definitiva ó expediente de adaptación e revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo; e declarámo-la nulidade de tales actos como contrarios ó ordenamento xurídico».

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda