Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7048; XG-422, Lugo-Monforte de Lemos-Santiago de Compostela, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1923; XG-150, Outeiro-Quiroga, con prolongación, V-3056; XG-345, Monforte de Lemos-A Rúa, con anexo, e V-7016; XG-390, Lugo-Santiago de Compostela por Monforte de Lemos, con anexos.

Advertido erro no texto da citada resolución, que se publicou no Diario Oficial de Galicia nº 142, do 24 de xullo de 2002, é preciso efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 11.594, na columna da dereita, onde di: «...resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Monforte de Lemos, S.A....», debe dicir: «...resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á Empresa Monforte, S.A....».