Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: L.M.T.S. e centro entrega enerxía a Möllertech Orense, S.L.
Situación: parque empresarial de Pereiro de Aguiar.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 636 m de lonxitude, en conductor R.H.Z. 12/20 kV con orixe na cela de liña do C.T. Mecanizados Rodríguez e remata na cela de entrada de liña do centro de entrega de enerxía da empresa Möllertech Orense, S.L.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran
nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 24 de xullo de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense