Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.513

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE LUGO

EDICTO (239/2000).

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

Na cidade de Lugo, trinta de xullo do ano dous mil dous. Sendo Ana Belén Sánchez González, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Lugo, e tendo visto os precedentes autos de xuízo de menor contía número 239/2000, seguidos neste xulgado por instancia do Ministerio Fiscal contra Justino García Ferrándiz e Mª Alejandra Barberán Diago, en situación procesual de rebeldía.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O Ministerio Fiscal interpuxo demanda de xuízo de menor contía contra Justino García Ferrándiz e Mª Alejandra Barberán Diago, na cal despois de expo-los feitos e fundamentos de dereito en que basea as súas pretensións, solicitou que se dictase sentencia pola que se decrete a nulidade do matrimonio contraído polos demandados.

Segundo.-Quendada que foi a este xulgado a presente demanda admitiuse a trámite e emprazáronse os demandados, deixando transcorre-lo prazo concedido sen comparecer nas actuacións polo que foron declarados en rebeldía. Solicitando o recibimento do xuízo a proba, practicouse toda a proba proposta e admitida, testifical e confesión xudicial, co resul

tado que consta en autos. Dado traslado para resumo de proba quedaron os autos conclusos para dictar sentencia tendo acordado dilixencias para mellor prover.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-No presente procedemento o Ministerio Fiscal exercita a acción de nulidade matrimonial ó abeiro do artigo 73.1º do Código Civil, precepto que dispón que é nulo calquera que sexa a forma da súa realización o matrimonio que tivo lugar sen consentimento matrimonial. Os cónxuxes demandados foron declarados en rebeldía por non comparecer en tempo legal malia teren sido citados en forma. Non obstante, sabido é que a rebeldía non constitúe no noso sistema procesual un recoñecemento ou abandono do demandado ás pretensións da demanda, senón que unicamente supón, como sinala reiteradamente a xurisprudencia que se ten por precluído o trámite de contestación a aquela, contestación que debe ser entendida en sentido negativo, é dicir, sen prexuízo da obriga do demandante de acreditar, conforme as regras do onus probandi, os feitos en que fundamente a súa pretensión; non obstante evitar calquera suposto de proba diabólica, consecuencia da actitude pasiva do demandado, que poderá superarse

a través doutros mecanismos, como a proba de presuncións establecida no derrogado artigo 1253 do Código Civil e hoxe no vixente artigo 386 da LAC.

Segundo.-Da proba practicada, así esencialmente a documental achegada xunto coa demanda consistente en certificado de inscrición do matrimonio no Rexistro Civil e testemuño das dilixencias previas número 412/2000, do xulgado de igual clase número catro desta cidade, nas que consta atestado elaborado pola garda civil e igualmente da proba testifical dos axentes do dito corpo que interviñeron directamente nas xestións e investigación realizada, e que acredita que nunca conviviron xuntos e que o codemandado accedeu ó matrimonio por motivos económicos a cambio de regulariza-la demandada a súa situación en España, pode estimarse acreditada a existencia da causa de nulidade invocada na demanda. Ó anterior engádese a constancia igualmente en autos da situación administrativa da esposa demandada, de nacionalidade colombiana, que aparece no Rexistro Central de Estranxeiros como titular de tarxeta de familiar de residente comunitario polo matrimonio co esposo codemandado, cidadán español e

igualmente a constancia documental de ausencia de convivencia conforme o resultado do certificado do consello e as mesmas dilixencias infructuosas de localización de ambos paa o emprazamento e para a práctica de confesión xudicial interesada que resultou imposible ante o descoñecido paradoiro de Justino. Dos feitos acreditados no procedemento pódese facilmente colixir que a verdadeira intención oculta dos demandados ó contraer matrimonio, era a de regulariza-la situación da muller en España, polo que, de conformidade co disposto no artigo 73.1º, en relación co parágrafo primeiro do artigo 45, ámbo

los dous do Código Civil, procede declara-la nulidade do matrimonio contraído polos litigantes estimando a pretensión demandante (artigos 1216 e seguintes do Código Civil relativos á eficacia probatoria da proba documental pública; 1225 e seguintes sobre proba documental privada non cuestionada de contrario; 659 da Lei de axuizamento civil sobre valoración xudicial da proba testifical: 1214 do Código Civil sobre a distribución da carga da proba; e 1249 e seguintes do citado código, respecto da valoración xudicial das presuncións probatorias).

Terceiro.-Como recolle a SAP de Barcelona do 8 de novembro de 1999, pódese deduci-la falta de consentimento da análise dos feitos previos, coetáneos e posteriores e do comportamento dos contraentes, tendo en conta que nun proceso lóxico de actuacións, a vontade negocial declarada leva consigo, cando menos, a predisposición da persoa ó seu cumprimento. De aí que, partindo da dificultade da utlización de medios de proba demostrativos da discordancia consciente declarativo-volitiva, deba acudirse á relevancia que ten o xogo das presuncións, que permiten deduci-la existencia de reserva mental ou de simulación no consentimento dos cónxuxes mediante feitos externos e circunstancias obxectivas; sen que, obviamente, poidan establecerse estas presuncións dun modo xeral, senón que deben considerarse en cada en concreto (así, ad exemplum, a idade, a nacionalidade, as consecuencias administrativas derivadas de tal unión). O noso tribunal supremo, ó analiza-los distintos medios probatorios e en

particular a proba de presuncións, proclama nas súas sentencias do 16 de setembro e 21 de outubro de 1996, que as probas directas proban concluintemente o feito que as probas indirectas ou indiciarias non son por regra xeral, por si mesmas, suficientes para proba-lo feito a demostrar, aínda que, acompañadas doutros indicios, permiten forma-la convicción xudicial sobre a verosimilitude do feito. En cambio, nas presuncións, o feito-base, require demostración, pero o feito deducido diferente do feito-base ten entidade autónoma respecto do primeiro, aínda que está unido a el por un razoamento ou enlace lóxico-consistente que vinculan ó un co outro. A prescrición non é, polo tanto, un indicio; aínda que en moitas ocasións se confunden con este, engadindo as sentencias do 11 de xuño de 1984 e 23 de febreiro de 1987 que se ben se atopa na esencia da presunción que o enlace preciso e directo que realiza o feito-base no feito consecuencia se axuste ás regras do criterio humano, non se esixe

que a deducción sexa unívoca, pois de selo, non nos encontrariamos ante a verdadeira presunción, senón ante os facta conciudentia, que efectivamente han ser concluíntes ou inequívocos, podendo nas presuncións seguirse do feito-base diversos feitos consecuencia, e por iso o único que se esixe e que o feito base estea demostrado e que a deducción que se extraia sexa razoable e lóxica, tal como expresan as sentencias, así mesmo do Alto Tribunal, do 24 de novembro de 1983 e 24 de xaneiro, 5 de marzo e 25 de maio de 1996, entre outras moitas sobre

o particular, sen que exista norma ningunha que prohíba ter por demostrado un feito por presuncións, aínda que non exista outra proba (SS do TS do 12 de decembro de 1976, 12 de xullo de 1983 e 4 de xullo e 25 de setembro de 1989).

Cuarto.-En materia de custas é de aplicación o artigo 523 da Lei de axuizamento civil que consagra o principio obxectivo do vencemento, polo que, acolléndose ás pretensións da demanda, procede a súa imposición ós demandados.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido, que estimando a demanda presentada polo Ministerio Fiscal contra Justino García Ferrándiz e Mª Alejandra Barberán Diago, debo declarar e declaro a nulidade do matrimonio civil contraído entre ámbolos dous cónxuxes demandados en data 26 de maio de 1999, cos efectos legais inherentes a esta declaración. Unha vez firme a presente resolución, líbrese testemuño desta e remítase o exhorto ó encargado do Rexistro Civil de Lugo, co fin de que proceda a práctica-la inscrición correspondente, todo iso con expresa imposición de custas ós demandados.

Contra a presente sentencia, cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, preparándoo ante este xulgado no termo de cinco días conforme o previsto nos artigos 456 e seguintes da nova Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta circunstancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, o pronuncio, o mando e o asino».

E para que sirva de notificación a Justino García Ferrándiz e María Alejandra Barberán Diago, expídese o presente edicto en Lugo o trinta e un de xullo de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado