Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.512

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (517/1999).

María Begoña Rodríguez González, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo fago saber que nos autos de xurisdicción voluntaria número 517/1999, seguidos neste xulgado por instancia de Belarmino Fernández Barreiro, representado polo procurador Moisés Cabirta Cadavid, sobre expediente de dominio con data do 20 de decembro de 1999, dictouse a seguinte resolución:

Feitos:

Primeiro.-Con data do 25 de xuño de 1999, recibiuse da oficina de quenda de reparto o presente expediente de xurisdicción voluntaria, expediente de dominio, que foi rexistrado baixo o número 517/1999, promovido por instancia de Belarmino Fernández Barreiro, representado polo procurador Moisés Cabirta Cadavid.

Segundo.-Acredítase que Juana Barreiro Nieto resulta ser titular de dominio do predio terreo a labradío sequeiro, denominado Cortes Grandes, que mide a superficie de novecentos vintecatro metros cadrados (924 m), que limita: norte, con máis bens de Manuel Rodríguez; sur, con máis de Flora Nieto Rodríguez; leste, valado que separa de camiño que vai a outros predios e oeste, entrega ou camiño de servicio para este predio e outros de diferentes propietarios. Perténcelle por herdanza da súa nai Juana Nieto Leiros, falecida o 24 de xuño de 1928, séndolle adxudicada en partición privada con data do 21 de decembro de 1928.

Que na data 28 de outubro de 1927, Juana Barreiro Nieto acada acordo con Jesús Cameselle Fernández, de permuta de predios, logo de segregación, e en virtude do cal, a primeira segrega do predio anteriormente descrito unha parcela de 462 metros cadrados, coa descrición terreo a labradío, sequeiro denominado Cortes Grandes, que limita: norte, máis

de Manuel Rodríguez; sur, de Jesús Cameselle Fernández; leste, valado que separa de camiño doutros predios e oeste, con máis de Juana Barreiro Nieto, ou sexa, resto do predio de onde se segrega a que se describe.

Manifesta, así mesmo, que o resto do predio matriz de Juana Barreiro Nieto e a inscrición rexistral do cal se pretende, é a que se describe. Terreo a labradío sequeiro, denominado Cortes Grandes, que mide a superficie de catrocentos sesenta e dous metros cadrados. Limita: norte, máis de Manuel Rodríguez, hoxe de Nemesio Covelo Castro; sur, máis da mesma Juana Barreiro Nieto; leste, máis de Jesús Cameselle Fernández e oeste, camiño veciñal, situada no barrio de Saa, parroquia de Beade, municipio de Vigo.

Que o resto do predio matriz de Juana Barreiro Nieto, e a inscrición rexistral do cal se pretende, é a que se describe terreo a labradío sequeiro denominado Cortes Grandes, que mide a superficie de catrocentos sesenta e dous metros cadrados. Limita: norte, máis de Manuel Rodríguez, hoxe de Nemesio Covelo Castro; sur, máis da mesma Juana Barreiro Nieto; leste, máis de Jesús Cameselle Fernández e oeste, camiño veciñal, sito no barrio de Saa, parroquia de Beade, municipio de Vigo.

Concluíndo no suplico da demanda instando a formación de expediente de dominio para inmatriculación do predio que se describe anteriormente. A tramitación da demanda ha de axustarse ó prevido no artigo 201 da LH, con traslado ó Ministerio Fiscal, e citacións interesadas dos lindantes e habentes causa, así como a calquera outra persoa ignorada a quen puidera prexudica-la inscrición solicitada, todo iso mediante edictos na forma prevista legalmente, co fin de que poidan comparecer ante o xulgado e alega-lo que no seu dereito conveña e, no seu día, dictar auto polo que se declara estar xustificado o dominio do referido predio por Juana Barreiro Nieto, expedindo testemuño de tal resolución con expresión da súa firmeza, como título bastante para a pretendida inscrición no rexistro da propiedade correspondente, co desagregamento dos documentos achegados.

Tercero.-Publicouse no Diario Oficial de Galicia para coñecemento da comunidade hereditaria de Juana Barreiro Nieto, así como para que aquelas persoas que se crean con interese lexítimo na causa, puideran comparecer no prazo improrrogable de dez días, sen que o verificara persoa ningunha. Practicadas as probas de: documental ofrecida e testifical, procedeuse a dar traslado ó Ministerio Fiscal, o cal informou favorablemente.

Seguen fundamentos xurídicos.

Parte dispositiva.

Propoño: declarar xustificado o dominio de Juana Barreiro Nieto sobre o predio descrito no feito 2º parágrafo 2º da dita resolución que aquí se dá por reproducida: terreo a labradío sequeiro denominado Cortes Grandes, que mide a superficie de catrocentas sesenta e dous metros cadrados. Limita: norte, máis

de Manuel Rodríguez, hoxe de Nemesio Covelo Castro; sur, máis da mesma Juana Barreiro Nieto; leste, máis de Jesús Cameselle Fernández e oeste, camiño veciñal, situado no barrio de Saa, parroquia de Beade, municipio de Vigo. Este edicto, unha vez firme, é título bastante para a inscrición rexistral a favor da citada, entregándolle ó promovente testemuño literal por duplicado con expresión de firmeza unha vez sexa gañada.

Por auto do 24 de xaneiro de 2002, acórdase:

Aclara-lo auto do 20 de decembro de 1999, dictado neste asunto número 517/1999, seguido por instancia de Belarmino Fernández Barreiro, no parágrafo segundo do feito segundo, onde di: «que na data 28 de outubro de 1927 Juan Barreiro Nieto acada acordo con Jesús Cameselle Fernández de permuta de predio», debe dicir: «que en data 28 de outubro de 1927 Juana Barreiro Nieto acada acordo con Jesús Cameselle Fernández, de permuta de predio».

Dado en Vigo, vintenove de xaneiro de dous mil dous.

A maxistrada xuíza

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE LUGO