Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.511

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (12/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico que ante esta sección segunda se segue o rolo de apelación número 12/2002, no que se dictou sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Apelación civil.

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída por Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia:

Sentencia.

En Ourense o trinta de maio de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da audiencia provincial, que actúa como tribunal civil, os autos de xuízo de menor contía procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número un dos de Verín, seguidos co número 76/1998, rolo de apelación número 12/2002, nos que aparecen, como parte apelante, Mª Estrella Rodríguez Pousada e Ricardo Machado Gallego, representados pola procuradora dos tribunais Herminia Moreira Álvarez (Mª Jesús Santana Penín para efecto de notificacións) e asistidos polo letrado José Calvo Martínez e, como apelado, José Manuel Rodríguez Chao, representado polo procurador dos tribunais Antonio Álvarez Blanco (Lourdes Lorenzo Ribagorda, para efectos de notificacións) e asistido polo letrado Maximino González Barreira e Purificación Machado Rodríguez, en situación procesual de rebeldía; sobre reclamación de cantidade. É maxistrado-relator Fernando Alañón Olmedo.

Decido:

Que se desestima o recurso de apelación interposto pola procuradora dos tribunais Herminia Moreira Álvarez, (Mª Jesús Santana Penín para efecto de notificacións), en nome e representación de Mª Estrella Rodríguez Pousada e Ricardo Machado Gallego, contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Verín, en autos de xuízo de menor contía número 76/1998, rolo de apelación número 12/2002, con data do 18 de outubro de 2001, que se confirma con imposición das custas da alzada ós apelantes.

Ó lles notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da LOPX.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xulgado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, o pronunciamos, mandamos e asinamos: Abel Carvajales Santa Eufemia, Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza, Fernando Alañón Olmedo. Rubricados».

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e lles sirva de notificación á parte apelada non comparecida, ausente, en paradoiro ignorado e en situación procesual de rebeldía, Purificación Machado Rodríguez, expido e asino esta cédula en Ourense, o trinta de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado