Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.511

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario, do Centro Informático para Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario do CIXTEC, convocadas por Resolución do 9 de abril de 2002 (DOG do 27 de maio), elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo na categoría de técnico en contabilidade e control orzamentario, que figuran no anexo da presente resolución.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC, a documentación a que se refire a base 7.1º da convocatoria.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e, ademais, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario do CIXTEC:

Nome e apelidos: Juan Casal Pernas.

DNI: 33284602-Z.

Nota 1º exercicio: 21.

Nota 2º exercicio: 25.

Nota 3º exercicio: 17.

Nota 4º exercicio: apto.

Total: 63.