Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (430/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo.

Dou fe e testemuño nos autos de xuízo número 430/2002, seguidos por instancia de Ignacio Benito Castro, contra a empresa Repriss Lugo, S.L., sobre despedimento, dictouse a sentencia que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

«Sentencia.-En Lugo, o vintedous de xullo do ano dous mil dous.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 430/2002, sobre despedimento, no que son partes como demandantes Ignacio Benito Castro e Ángel María Torre Pumarega, asistidos do letrado Juan Carlos Vilariño Monterroso, e como demandado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo avogado do Estado Alfredo Barrigón del Santo. Non comparece a empresa demandada Repriss Lugo, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda deducida por Ignacio Benito Castro e Ángel María Torre Pumarega, sobre despedimento, fronte á empresa Repriss Lugo, S.L., debo declarar e declaro nulo o despedimento dos traballadores, condenando a empresa demandada á inmediata readmisión destes nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento do 30 de abril de 2002, co aboamento dos salarios deixados de percibir desde entón ata a data da efectiva readmisión dos demandantes, e que ata a data da presente resolución ascenden á suma respectiva de dous mil euros con setenta e nove céntimos de euro (2.002,79, euros), a razón de 24,13 euros diarios de soldo.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa eventual responsabilidade subsidiaria ulterior, caso de ser declarada a insolvencia empresarial e nos termos regulamentariamente establecidos.

Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela, cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e en especial, o disposto no artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignada na Conta de Depósitos e Consignacións número 2322-61-número de autos 430-2002, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya desta cidade, rúa da Raíña, número 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade

solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará

baixo a custodia do secretario que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 430/2002, do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxera, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada-xuíza que a subscribe, atopándose celebrando audiencia publica no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Repriss Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa reinserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de xullo de 2002.

Rubricado