Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (425/2001).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre cantidade, por instancia de Antonio Viña Vázquez, dictouse a resolución do seguinte teor literal:

«Providencia maxistrada-xuíza López Juiz.

Santiago de Compostela, dezanove de xullo de dous mil dous.

Dada conta, visto o estado que manteñen as presentes actuacións, acórdase sinalar para teren lugar os actos de conciliación e xuízo o próximo día 16 de outubro de 2002 ás 9.50 horas. Cítese en legal forma as partes cos mesmos apercibimentos e requirimentos que no sinalamento anterior. Ignorando o paradoiro da demandada Complexo Sarela, S.A., así como o do seu representante legal, Manuel Romarís Tomé, cítense por medio do Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que se celebrarán na sala de audiencia deste xulgado, sita no piso primeiro do Pazo de Xustiza, sito na r/ Viena s/n desta cidade. Advírteselles que: a) poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante, comparecencia ante este xulgado ou ante o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio; b) a celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes nin por enfermidade destas nin dos seus

representantes ou defensores, podendo estes substituí-la representación ou defensa conforme as leis; d) terase por desistido o demandante se non comparece; c) os litigantes ou os que os representen deberán acudir con tódolos medios de proba de que se tenten valer; e e) o demandado que tente valerse de avogado, graduado social ou procurador deberao pór en coñecemento deste xulgado por escrito dentro das 48 horas seguintes á citación.

Admítese e declárase pertinente a proba proposta. Cítese a interrogatorio de parte o administrador do Complexo Sarela, S.A., Manuel Romarís Tomé. Requírase a demandada para que entregue a documentación pedida no outrosí da demanda, quedando nesta secretaría ó dispor da demandada a copia da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que cabe interpor recurso de reposición no prazo de 5 días perante este mesmo xulgado.

Así o acorda manda e asina S.Sª, do que dou fe.»

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento ó Complexo Sarela e ó seu administrador, Manuel Romarís Tomé, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 19 de xullo de 2002.

O secretario

Rubricado