Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (80/2002).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo.

Dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 80/2002, se dictou a presente sentencia, que ten no seu encabezamento e parte dispositiva di o seguinte:

«En Carballo, o 14 de marzo de 2002.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas por inxurias, furto e ameazas rexistrada baixo o número 80/2002 e tramitada por instancia de Carmen Blanco Suárez e Estrella Ferreiro Vázquez, en calidade de denunciantes contra Francisco Ferreiro Vázquez, en calidade de denunciado, tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido absolve-lo denunciado Francisco Ferreiro Vázquez da acusación interesada contra el, con tódolos pronunciamentos favorables, declarándose as custas de oficio.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, prevíndoas de que esta non é firme e que contra ela poderán interpor no prazo de cinco días, recurso de apelación ante este xulgado, que se resolverá pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Francisco Ferreiro Vázquez, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Carballo, o vintedous de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado