Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (131/2002-S).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña.

Nos autos de xuízo verbal civil nº 00131/2002-S, sobre desafiuzamento e reclamación de rendas, coas partes que se mencionarán, foi dictada a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na Coruña o dez de xullo de dous mil dous. Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de verbal civil nº 00131/2002-S, promovidos como parte demandante por José González Varela, representado polo procurador Ramón Blanco Fernández, contra Emma Bermejo Pardo, declarada en rebeldía, en primeira sentencia, díctase en nome de El-Rei a seguinte sentencia (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando integramente a demanda deducida polo procurador Ramón Blanco Fernández, en nome e representación de José González Varela, contra Emma Bermejo Pardo, en situación procesual de rebeldía, declaro haber lugar ó desafiuzamento por falta de pagamento da renda correspondente ó arrendamento do local baixo nº 9 da rúa Pérez Quevedo, con entrada pola rúa antes denominada R. Villamil, hoxe sen nome; condeno a demandada a que, no prazo legal, desaloxe e deixe libre a expresada vivenda baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixer. Impoño á demandada as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se deberá preparar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e ss. da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Non se admitirá recurso ningún á parte demandada se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que conforme o contrato deba pagar adiantadas.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia o pronuncia, manda e asina. Pablo González-Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde e para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña, dez de xullo de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO