Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.238

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (266/2001).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre cantidade, por instancia de Pablo Pérez Magariños, dictouse a resolución do seguinte teor literal:

«Providencia maxistrada-xuíza López Juiz.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

Dada conta, presentado o anterior escrito ampliando demanda por Blanco Lobeiras, avogado de Pablo Pérez Magariños, únase ós autos da súa razón e déase traslado da copia á parte contraria.

Tense por ampliada a demanda contra Natividad Lemetre Roca. Cítese en legal forma a fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado no próximo día 9 de outubro de 2002 ás 9.50 horas. Advírteselles ás partes que: a) Pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante, comparecencia ante este xulgado ou ante o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio; b) A celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin por enfermidade destas nin dos seus representantes ou defensores, podendo estes substituí-la representación ou defensa conforme as leis; c) Terase por desistido o demandante

se non comparece; c) Os litigantes ou os que os representen deberán acudir con tódolos medios de proba de que se tenten valer; e e) O demandado que tente valerse de avogado, graduado social ou procurador deberao pór en coñecemento deste xulgado por escrito dentro das 48 horas seguintes á citación. Cítese a Udecamp Galicia, S.L. e o seu representante legal a interrogatorio de parte a través do DOG, cítese tamén o Fogasa cos mesmos apercibimentos e requirimentos que no sinalamento anterior.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que cabe interpor recurso de reposición no prazo de 5 días perante este mesmo xulgado.

Mándao e asínao S. Sª, do que dou fe».

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento a Udecamp Galicia, S.L., expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA