Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2002 pola que se convoca concurso público aberto, de tramitación ordinaria, para a contratación plurianual dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica e de accidentes para bolseiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de expediente: 2002-04-29.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica e de accidentes para bolseiros da Secretaría Xeral de I+D.

b) Prazo de execución: desde o 1 de outubro do ano 2002 ó 30 de setembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado para esta contratación ascende á cantidade de cento vinteseis mil noventa e tres euros (126.093 euros) (un máximo de 21,5 euros por persoa ó mes para a prima combinada de asistencia sanitaria e de accidentes), dos que trinta e tres mil cincocentos dezaoito euros con cincuenta céntimos (33.518,50 euros) corresponden á anualidade de 2002 e noventa e dous mil cincocentos setenta e catro euros con cincuenta céntimos (92.574,50) corresponden á anualidade de 2003.

5. Garantía provisional.

Por un importe equivalente ó 2% do orzamento establecido pola Administración como base da licitación, e ascende a dous mil cincocentos vinteún euros con oitenta e seis céntimos (2.521,86 euros).

Obtención de documentación e información: poderán retirala no Rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; rúa dos Feáns, nº 7 local C, 15706 Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 10 87/981 54 10 88, o nas páxinas WEB: www.sxid.org/web e www.xunta.es/contratacion

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Variantes: non se adminten variantes.

8. O prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta é de tres meses desde a data de apertura de proposicións.

9. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

10. Apertura de ofertas.

Farase o décimo primeiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso

de coincidir en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA