Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.198

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

EDICTO (11/2002).

Nos autos seguidos neste xulgado co nº 11/2002, sobre execución de laudo arbitral, por instancia de Obrascón Huarte Laín, S.A. e Construcciones Laín, S.A., representadas pola procuradora sra. Freire, dictouse resolución na peza de embargo preventivo que ten o encabezamento e parte dispositiva seguinte:

«Auto. Maxistrada-xuíza Aurelia Montenegro Arce. En Pontevedra o trinta e un de maio de dous mil dous. Dada conta, e antecedentes de feito. Primeiro. A procuradora Alejandra Freire Riande, en nome e representación de Obrascón Huarte Laín, S.A., mediante outrosí do seu escrito de demanda solicitou a adopción de medidas cautelares respecto dos bens e dereitos do demandado Sociedad Cooperativa de Viviendas Altavisa, xuntando documentos acreditativos da súa pretensión. Segundo. Mediante providencia do catro de abril de 2002 acordouse convoca-las partes a vista pública, conforme o disposto no artigo 734 da LAC, co resultado que é de ver en autos, quedando o actuado seguidamente para resolver. Terceiro. O demandado ofreceu a prestación de caución en substitución das medidas cautelares para asegura-lo efectivo cumprimento da sentencia estimatoria que se puidese dictar, conforme o artigo 746 e 747 da LAC, a petición do cal se substanciou na vista anteriormente citada. Parte dispositiva.

Accedendo ó solicitado pola procuradora Alejandra Freire Riande, en nome e representación

da empresa mercantil Obrascón Huarte Laín, S.A., acórdase a adopción da medida cautelar seguinte: Acórdase o embargo preventivo do inmoble propiedade do demandado, Sociedad Cooperativa de Viviendas Altavisa, inscrito baixo o nº 52.292 do libro 7.823 do tomo 1.699 do Rexistro da Propiedade nº 2 de Vigo. A anterior medida cautelar executarase unha vez que a parte solicitante preste caución de 1.803,04 euros, en calquera das formas previstas no parágrafo 2º do punto 3º do art. 529 da LAC. 3. Lévese testemuño desta resolución ós autos principais. Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación nun só efecto perante este xulgado no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación. Así o manda e asina S.S., de que dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada, Sociedad Cooperativa de Vivendas Altavisa, expídese esta cédula para que sirva de notificación.

Pontevedra, oito de xullo de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado