Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.198

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE IRÚN

EDICTO (197/2001).

Xuízo: xuízo verbal LACN 197/2001.

Demandante: Transportes La Galaica Guipúzcoa y Navarra, S.L.

Avogado: de la Hoz Uranga, José Antonio.

Procurador: Fernando Mendavia González.

Demandado: Plus Ultra Compañía Anónima de Seguros y Reaseguros, Manuel Carreira Souto e José Francisco Baser Rodríguez.

Sobre: reclamación de cantidade.

No referido xuízo dictouse con data 2-11-2001 a sentencia que ten a parte dispositiva seguinte:

«Decido:

Que, con estimación da demanda interposta por Fernando Mendavia en nome e representación de Transportes La Galaica Guipúzcoa y Navarra, S.L., debo condenar e condeno a Manuel Carreira Souto e a José Francisco Baser Rodríguez a lle aboar á demandante, conxunta e solidariamente, a cantidade de 240.178 pesetas, máis xuros legais e custas.

En atención ó descoñecemento do actual domicilio do demandado, José Francisco Baser Rodríguez, e conforme o disposto no artigo 497.2º da Lei 1/2000, de axuizamento civil (LAC), acordouse notifica-la citada resolución por edicto no boletín oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución o demandado rebelde pode interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Gipuzkoa.

O recurso preparase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles, contados desde o seguinte á publicación deste edicto e limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º da LAC)».

O texto completo da resolución que se notifica está ó dispor do interesado na secretaría deste tribunal.

En Irún (Gipuzkoa) o vinteoito de xuño de dous mil dous.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA