Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.199

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE TUI

EDICTO (708/2001).

Eugenio Antonio Álvarez Muñoz, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Tui.

Dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 708/2001 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Tui o once de abril de dous mil dous. Vistos por min, María del Mar Pais Bonamusa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Tui, os presentes autos do xuízo de faltas número 708/2001, nos que foron partes o Ministerio Fiscal e como implicados Javier Pardo Corral como denunciante e Ramón Pereira Oliveria como denunciado, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución e en nome de El-Rei, dicto a seguinte sentencia:

Decido que, declarando de oficio as custas do xuízo, debo absolver e absolvo a Ramón Pereira Oliveira da falta de maltrato de obra de que viña denunciado.

Notifíqueselle a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás demais partes.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos dous efectos nese xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, o mando e o asino».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Javier Pardo Corral, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Tui o dezaoito de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado