Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.199

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (931/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 931/2001, por instancia de José Francisco Martínez Loureda, contra Construcciones Landro, S.L., sobre salarios, nos que se dictou a sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo que, estimando a demanda promovida por José Francisco Martínez Loureda contra la empresa Construcciones Landro, S.L., debo condenar e condeno a demandada que aboe ó demandante a cantidade de 3.269,93 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de promovelo mediante comparecencia o por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o comprobante de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débese consignar, ademáis, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso, declarándose desistido de non constituírse o depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que e unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Landro, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, quince de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado