Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.164

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (159/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño: nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitdos baixo o número 159/2002 por instancia de José Seijas Morano, contra a empresa Prefabricados Gago, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, 11 de xullo de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social

número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 159/2002 seguidos por instancia de José Seijas Morano, maior de idade, asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a empresa Prefabricados Gago, S.L., que non compareceu en autos; intervindo o Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que estimando parcialmente a demanda interposta polo demandante José Seijas Morano, intervindo o Fogasa, contra a empresa Prefabricados Gago, S.L., debo condenar e condeno a esta a que aboe ó demandante a cantidade de 5.704,92 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5.603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Prefabricados Gago, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña, 11 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado