Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.164

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (113/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño: nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 113/2002 por instancia de Ana Isabel García Añón contra empresa Peruf International, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, 11 de xullo de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 113/2002 seguidos por instancia de Ana Isabel García Añón, maior de idade, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Peruf International, S.L., que non compareceu nos autos; intervindo o Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que estimando a demanda interposta pola demandante Ana Isabel García Añón, intervindo o Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Peruf International, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 1.694,72 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que, contra a referida cédula non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Peruf International, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña, 11 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado