Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.163

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (278/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos nº 278/2002, seguidos pola instancia de Juan Carlos Brea Rodríguez contra Pinturas Grandío, S.L. sobre despedimento, a maxis

trada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 14-6-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, debo aceptar e acepto integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Pinturas Grandío, S.L. a que readmita inmediatamente a Juan Carlos Brea Rodríguez e José Luis Grandío Bestilleiro nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, a que faga o pagamento ós demandantes da seguinte indemnización: de 12.639,28 euros (2.103.000 pesetas) a Juan C. Brea Rodríguez e de 13.853,33 euros (2.305.000 pesetas) a José L. Grandío Bestilleiro.

A dita opción deberá exercitarse no prazo de 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede á readmisión.

Calquera que fose a súa elección, condeno así mesmo a parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non percibiu desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, timándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata a data ascenden á cantidade de 2.999,05 euros (499.000 pesetas) para cada un deles.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, e que, se é o caso, será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, mais outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúcioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Pinturas Grandío, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Alcalde Soto González, 21, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 15 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado