Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.162

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE REDONDELA

EDICTO (88/2001).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Redondela fai saber que en virtude do acordado en resolución do día da data, dictado no procedemento de execución de títulos xudiciais 88/2001, que se segue neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representado por Ramón Cornejo Molíns González contra María del Carmen Calvo Solís, Venancio Lombardía Bouza, en reclamación de 942.595 pesetas (5.665,11 euros), de principal e xuros moratorios e ordinarios vencidos máis outras 1.803,04 euros (300.000 pesetas), fixadas prudencialmente para xuros e custas de execución, polo presente anúnciase a venda en pública poxa, con antelación de vinte días cando menos, do seguinte predio propiedade do executado:

Urbano: piso tipo B situado na primeira planta alta do edificio destinado a vivenda, sito no predio ó nomeamento de Campo da Feira, tamén coñecido por Portas, no barrio de Xesteira, parroquia de Arcade, municipio de Soutomaior, inscrito no tomo 395, libro 53, folio 162, predio 6.586 do Rexistro da Propiedade de Redondela.

A poxa terá lugar o próximo día vintetrés de outubro ás dez horas na sala de audiencias deste xulgado sito no paseo da Xunqueira, s/n, conforme coas seguintes condicións:

1. O predio embargado foi valorado en 78.131,57 euros.

2. A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación do inmoble ou inmobles que se poxan estará de manifesto na secretaría deste xulgado.

3. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente.

4. As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose polo só feito de participar na poxa, que o licitador os admite e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicase ó seu favor.

5. Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar, previamente, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado da entidade BBVA, conta número 3606 0000 05 008801, o 30% do valor do predio para o efecto de poxa, devolvéndose as cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen nela, excepto ó mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento a disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo, debendo consignar así mesmo no dito xustificante se, se é o caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou en parte a un terceiro identificándoo adecuadamente.

6. Desde o anuncio da poxa ata que teña lugar poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado ó que se deberá acompañar o xustificante de ter realizada a consignación a que se refire a condición anterior, os cales serán abertos ó inicio da poxa, producindo os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

7. Só o executante poderá facer ofertas coa facultade de cede-lo remate a un terceiro, podendo tomar parte na poxa só cando exitan licitadores, podendo mellora-las ofertas que fixeren.

8. Para o caso de que se fagan ofertas que non superen alomenos o 50% do valor de taxación ou aínda sendo inferior cubran, alomenos, a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, non se aprobará o remate salvo que o tribunal acorde outra cousa á vista das circunstancias concorrentes no procedemento.

9. O presente edicto estará exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e nos lugares públicos de costume ata a data en que teña lugar a poxa.

10. Para o caso de que a notificación do sinalamento ó executado resultase infructuoso por encontrarse en ignorado paradoiro, sirva o presente edicto de notificación edictal para este.

11. No suposto que por causa de forza maior non puidese levarse a cabo a poxa no día e hora sinalados, terá lugar ó día seguinte hábil.

E en cumprimento do acordado, expido o presente edicto en Redondela o nove de xullo de dous mil dous.

Rubricado