Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.162

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentencia (87/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario xudicial da sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense certifico que no rolo de apelación civil número 87/2002, se dictou sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Ourense, o quince de xullo de dous mil dous. Vistos en grao de apelación ante esta sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, os autos de xuízo executivo 33/2000, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un do Barco de Valdeorras, ós que correspondeu o rolo 87/2002, nos que aparece como parte apelante Josefa Hernández García, asistida polo letrado Antonio Salgado Gómez, e como apelados Banco Popular Español, S.A., asistido polo letrado Juan Antonio Rodríguez Amora e Emilio Caperán Bruña e Francisco Celador Ledesma, ambos en situación procesual de rebeldía, sendo maxistrado relator Abel Carvajales Santa Eufemia. Decido que se desestime o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Josefa Hernández García, contra a sentencia dictada polo xulgado mixto do Barco de Valdeorras, no xuízo executivo número 33/2000, rolo de apelación número 87/2002, a resolución do cal se confirma integramente. Impoñéndose as custas

procesuais ocasionadas nesta alzada á parte apelante».

E para que conste e para efectos de ser publicado no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Emilio Caperán Bruña, actualmente en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Ourense, 19 de xullo de dous mil dous.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE REDONDELA