Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.164

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (421/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo.

Dou fe e testemuño, que nos autos de xuízo número 421/2002, seguidos por instancia de María del Mar Serén Río, contra a empresa Repriss Lugo, S.L. e outro sobre despedimento, dictouse a sentencia que

ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia. En Lugo, dezaoito de xullo do ano dous mil dous.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 421/2002 sobre reclamación por despedimento, no que son partes como demandante María del Mar Serén Río, asistida da letrada Mª José Carreira Villalba e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial, representado polo avogado do Estado Alfredo Barrigón del Santo. Non compareceu a empresa demandada Repriss Lugo, S.L., a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda deducida por María del Mar Serén Río, sobre despedimento, fronte á empresa Repriss Lugo, S.L., debo declarar e declaro nulo o despedimento da traballadora, condenando a empresa demandada á inmediata readmisión desta nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento do 30-4-2002, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde entón ata a data da efectiva readmisión da demandante e que ata a data da presente resolución ascenden á suma de novecentos cincuenta e tres euros con cincuenta e tres céntimos de euro (953,53 euros), a razón de 12,07 euros diarios de soldo. Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa eventual responsabilidade subsidiaria ulterior, caso de ser declarada a insolvencia empresarial e nos termos regulamentariamente establecidos.

Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial, o disposto no seu artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignada na conta de depósitos e consignacións, número 2322-61-número de autos 421/2002, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya, desta cidade, rúa da Raíña, número 1 a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la

responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta número

2322-65-número de autos 421/2002, do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxera, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, atopándose celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Repriss Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa reinserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, dezaoito de x

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA