Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de nomeamento de funcionario en prácticas.

Por medio deste anuncio e para xeral coñecemento, faise público que a alcaldía-presidencia deste con

cello, con data do 12 de xullo de 2001, dictou a resolución que se transcribe:

Asunto: resolución da oposición convocada para cubrir como funcionario de carreira unha praza de cabo da policía local. Nomeamento de funcionario en prácticas. Praza existente no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público para o exercicio de 2001.

Resolución da alcaldía:

Alejandro Rodríguez Lema, alcalde-presidente do Concello de Vimianzo, no exercicio das facultades e competencias que lle atribúe a lexislación de réxime local, e:

Tendo en conta que no cadro de persoal deste concello e na oferta de emprego público do exercicio de 2001 se inclúe a praza de funcionario de carreira, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e os seus auxiliares.

Tendo en conta as bases rectoras do proceso selectivo, nas que se ordena o proceso de acceso á dita praza e que foron publicadas no BOP e no DOG de xeito íntegro, tal e como consta no atado. Logo do pertinente anuncio da convocatoria no BOE, así como os trámites e resolucións precisas para fixa-la lista de admitidos, nomeamento do tribunal e comezo do proceso selectivo consonte as resolucións publicadas no BOP nº 11, do 16 de maio de 2002, e nº 132, do 11 de xuño, na data prevista constituíuse o tribunal e desenvolveuse o proceso selectivo polas súas canles, tal e como consta documentado nas respectivas actas de cada sesión, redactadas para o efecto e asinadas polos asistentes.

Tendo en conta a proposta do tribunal reflectida na dita acta que se asume como motivadora desta resolución nos termos que constan no atado, e da que salientamos a súa parte conclusiva ó sinalar:

O tribunal manifesta que José Luis Caamaño Domínguez superou as distintas probas segundo consta nas actas de cada sesión e no expediente, ratificándose o tribunal en tódalas actuacións desenvolvidas, pola unanimidade dos seus membros, que asinan.

Visto todo o que antecede, o tribunal, por unanimidade dos seus membros, acorda:

Primeiro.-Declarar aprobado a José Luis Caamaño Domínguez, por ter superadas tódalas probas da convocatoria.

Segundo.-Elevar á alcaldía-presidencia proposta de nomeamento do dito aspirante como funcionario en prácticas para a praza de cabo da policía municipal do Concello de Vimianzo, ó se-lo único aspirante aprobado no proceso selectivo.

Visto o artigo 21.1º h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, sobre atribución á alcaldía da competencia para o nomeamento de todo o persoal do concello.

Visto o contido do artigo 102.2º da LBRL, na redacción que lle deu a Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social sobre nomeamento, a partir da proposta elevada polo tribunal, nos procesos selectivos.

Tendo en conta a base 10ª das rectoras do proceso selectivo referente á resolución da fase de oposición e nomeamento de funcionario en prácticas, acorde co sinalado igualmente no artigo 6 do Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais (DOG nº 154, do 9 de agosto de 2001); ó sinalar:

Os aspirantes que superaran a fase de oposición, e despois de cumprirse os requisitos formais que estableza a correspondente convocatoria, serán nomeados funcionarios en prácticas e percibirán con cargo á corporación respectiva as retribucións que lle correspondan.

Visto canto antecede e considerando que se observou o procedemento regulamentado nas bases rectoras para a chamada fase de oposición, esta alcaldía, por medio da presente,

RESOLVE:

Primeiro.-Resolve-la fase de oposición tramitada para selecciona-la praza de cabo de policía local deste concello identificada e, en consecuencia, nomear a José Luis Caamaño Domínguez, con DNI nº 32805066-M, funcionario en prácticas coa categoría de cabo da policía local de Vimianzo, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e os seus auxiliares, pertencente ó grupo D, e incluída na oferta de emprego público daquel concello para o exercicio de 2001 (coas seguintes características no catálogo de postos de traballo: SCF-01, grupo D, nivel de complemento de destino 16).

Segundo.-Notifíquese esta resolución ó funcionario en prácticas nomeado para que tome posesión, como máximo, no prazo de vinte días naturais, contados desde a notificación desta resolución.

Terceiro.-Publíquese nos boletíns que proceda a resolución desta oposición e o nomeamento deste funcionario en prácticas do Concello de Vimianzo (A Coruña).

Recursos:

Contra este acordo pode vostede interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes desde que reciba a notificación, ante no mesmo órgano que o dictou. No caso de recorrer mediante este recurso de reposición, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto (todo isto segundo a redacción dada á Lei 30/1992 pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, BOP do 14 de xaneiro). Poderá vostede recorrer directamente á vía xurisdiccional contencioso-ad

ministrativa durante o prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da data da notificación, advertíndolle que tamén poderá utilizar, pola súa conta, calquera outro recurso ou alegación que estime conveniente.

Este recurso contencioso-administrativo pódese interpoñer ante o xulgado do contencioso-administrativo, con sede na capital da provincia, de acordo co artigo 8.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa nos recursos que se deduzan fronte ós actos das entidades locais cando teñan por obxecto:

a) Cuestións de persoal, salvo que se refiran ó nacemento ou extinción da relación de servicio dos funcionarios públicos de carreira.

b) Xestión, inspección e recadación dos tributos e demais ingresos de dereito público regulados na lexislación de facendas locais.

c) Licencias de edificación e uso do solo e do subsolo, sempre que o seu orzamento non exceda de 250 millóns de pesetas (1.502.530,26 euros), así como as de apertura.

d) Declaración de ruína e ordes de execución de obras de conservación, reforma e rehabilitación de inmobles.

e) Sancións administrativas, calquera que sexa a súa natureza, contía e materia.

Os recursos fronte ós demais actos desta entidade local interpoñeranse diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña.

Vimianzo, 12 de xullo de 2002. Alejandro Rodríguez Lema, alcalde. Perante de mín, Manuel Ángel Jove Losada, secretario accidental.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vimianzo, 15 de xullo de 2002.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde