Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.964

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PRINCIPADO DE ASTURIAS

ANUNCIO do 12 de xullo de 2002, do Servicio de Promoción e Financiamento da Vivenda, de notificación da resolución do expediente de habitabilidade número 16/1999, que se segue na Consellería de Infraestructuras e Política Territorial.

Ó non ser posible a notificación a Covaqui, S.L. e resultar descoñecido o seu novo domicilio, e na súa condición de interesado no expediente de habitabilidade número 16/1999, con relación á vivenda

sita en Oviedo, na rúa San Antonio, nº 8-1º, faise pública a resolución do director xeral de Arquitectura e Vivenda, do 13-5-2002, o texto da cal se transcribe:

«Téndose comprobado, segundo informe realizado polo técnico desta Dirección Xeral de Arquitectura e Vivenda, que non foron executadas por Vde. as obras ordenadas na Resolución do día 9 de decembro de 1999, e tendo en conta o apercibimento de execución forzosa mediante multas coercitivas, de conformidade co disposto no artigo 14 do Decreto 6/1995, do 18 de xaneiro, regulador do réxime xurídico da habitabilidade e dos procedementos administrativos relacionados con ela, e nos artigos 96 e 99 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o director xeral de Arquitectura e Vivenda, en virtude das facultades que ten delegadas polo conselleiro de Infraestructuras e Política Territorial, pola Resolución do 18 de outubro de 1999 (BOPA do 27 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro.-Impor unha multa coercitiva de 150,25 euros, que deberá ingresar en efectivo en calquera oficina do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria no territorio nacional, a través da conta para a recadación número 0182-5647-04-071015647 3, da oficina institucional de Oviedo, ó se tratar dun ingreso que se debe realizar fóra do territorio da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, e isto nun prazo dun mes, mediante o impreso que se xunta a esta resolución.

Segundo.-Apercibir a Covaqui, S.L. de que, de non efectua-lo ingreso do importe da multa no prazo dun mes, contado a partir da notificación desta resolución, presentando o comprobante do ingreso nesta consellería, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento.

Terceiro.-Apercibir, así mesmo, a Covaqui, S.L. de que, se persiste en non dar cumprimento ó ordenado na resolución que motiva a multa coercitiva imposta no prazo dun mes, imporase unha nova multa de 300,51 euros, sen prexuízo de que poderá iniciarse un procedemento sancionador segundo o establecido o artigo 6.2º da Lei 3/1995, do 15 de marzo, de sancións en materia de vivenda».

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Oviedo, 12 de xullo de 2002.

Beatriz Rodríguez Díaz

Xefa do Servicio de Promoción e Financiamento

da Vivenda