Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 15 de xullo de 2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle de aliñacións e ordenación de volumes en Rubiáns, redactado polo enxeñeiro de camiños Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez e promovido por Hermanos Mondragón Paz, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 17 de xullo de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde