Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.941

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (918/2001).

Ana María Carrasco García, secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 918/2001, por instancia das demandantes contra as demandadas, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo que, estimando a demanda interposta por María Jesús Jarazo Rivadas, Laura María García Torreira, María del Carmen Villasenín Iglesias, Isolina Paderne Carrillo, María Dolores Sueiro Louro, María Esther Fernández Uzal e María Elena Bello Pombo contra as empresas Vanilda Calviño Pardo, Confecciones Rical, S.L., Confecciones Fada, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno as empresas demandadas a que lles aboen ás demandantes as cantidades seguintes:

A María Jesús Jarazo Rivadas, 3.751,81 euros (624.249 pesetas).

A Laura María García Torreira, 3.751,81 euros (624.249 pesetas).

A María del Carmen Villasenín Iglesias, 3.751,81 euros (624.249 pesetas).

A Isolina Paderne Carrillo, 3.751,81 euros (624.249 pesetas).

A María Dolores Sueiro Louro, 3.751,81 euros (624.249 pesetas).

A María Esther Fernández Uzal, 3.703,73 euros (616.249 pesetas).

A María Elena Bello Pombo, 3.703,73 euros (616.249 pesetas).

Por tódolos conceptos reclamados na demanda. Absolvendo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade que no seu día puidese corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de comezalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo ó recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico e polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asínoo».

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA