Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.941

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (538/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 538/2001, seguidos por instancia de José Seijas Morano contra Prefabricados Gago, S.L. e outros sobre invalidez, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 5-7-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que aceptando a pretensión da demanda interposta por José Seijas Morano, declaro que a parte demandante se encontra en situación de invalidez permanente, no grao de grande invalidez, derivada de accidente de traballo. En consecuencia, condeno a entidade demandada Mutua Gallega, INSS, TGSS e a empresa Prefabricados Gago, S.L. a estar e pasar polos precedentes pronunciamentos e, a teor destes, condeno a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a que recoñeza e faga os pagamentos á parte demandante dunha pensión vitalicia e mensual na contía do 150% da súa base reguladora de 170.991 pesetas, mailos incrementos legais correspondentes e con efectos desde o día 4 de xaneiro de 2001.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde

a notificación desta resolución, bastando a mera manifestación da parte ou do seu avogado ou representante ó facerlle a notificación desta, do seu propósito de comezalo. Tamén poderá anunciarse por comparecencia ou por escrito das partes ou do seu avogado ou representante perante este xulgado, e que será resolvido, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Prefabricados Gago, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na Costa de Alvedro, s/n, Culleredo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación o Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 5 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado