Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato administrativo dos servicios de mantemento de instalacións e maquinaria do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña), e outro máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ós que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

-Servicio de mantemento das instalacións e maquinaria do Instituto Nacional de Educación Física de

Galicia, en Bastiagueiro, Concello de Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: estímase o seu inicio no día 1 de setembro de 2002, por período de dous anos ata o 31 de agosto de 2004, susceptible de ser prorrogado, mediante prórroga expresa nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) O orzamento base de licitación ascende a cincuenta mil catrocentos cinco euros con corenta céntimos (50.405, 40 A), IVE incluído.

Anualidade de 2002: 8.196 euros.

Anualidade de 2003: 24.997,80 euros.

Anualidade de 2004: 17.211,60 euros.

c) Requisitos específicos do contratista:

Deberá acredita-la súa solvencia económica e financeira, técnica ou profesional nos termos dos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Garantía provisional: non se esixe, en atención ó prezo do contrato e ó abeiro do disposto no artigo 35.1º do texto refundido da LCAP.

-Servicio de conserxería do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, en Bastiagueiro, Concello de Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: estímase o seu inicio no día 1 de setembro de 2002, por período de dous anos ata o 31 de agosto de 2004, susceptible de ser prorrogado, mediante prórroga expresa nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) O orzamento base de licitación ascende a cento dez mil cincocentos setenta e sete euros (110,577 A), IVE incluído.

Anualidade de 2002: 17.980 euros.

Anualidade de 2003: 54.839 euros.

Anualidade de 2004: 37.758 euros.

c) Requisitos específicos do contratista:

Deberá acredita-la súa solvencia económica e financeira, técnica ou profesional nos termos dos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Garantía provisional: non se esixe, en atención ó prezo do contrato e ó abeiro do disposto no artigo 35.1º do texto refundido da LCAP.

3. Obtención de documentación e información.

No servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

4. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do oitavo (8) día natural posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carátula do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios admitidos no artigo 80 do Regulamento xeral, dentro do prazo sinalado para a presentación de proposicións.

d) Admisión de variantes: non se admiten respecto do obxecto e extensión dos traballos que se van realizar e que constitúen definición do obxecto dos contratos.

5. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

6. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte