Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras para a instalación dun sistema de detección automática e manual de incendios para o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 11/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras para a instalación dun sistema de detección automática e manual de incendios para o edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Lugo.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 76, do 19 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos vinteoito mil trescentos oitenta e nove euros (228.389 A) IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 2 de xullo de 2002.

b) Contratista: Nordés Instalaciones, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos once mil setecentos trinta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (211.739,59 A) IVE incluído.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda