Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-EN-2002/11 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, entregaren os documentos ou forneceren as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 15 de xullo de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/11.

Denunciado: José Antonio Vázquez Oubiñaa, enderezo r/ Piñeiro, nº 12 de Vilaxoán-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

DNI: 35443794-N.

Feitos denunciados: realizar pesca deportiva dentro do territorio dun espacio natural protexido, cando existen carteis indicadores de prohibición para realizar esa actividade.

Cando os axentes do Seprona realizaban o seu servicio pola zona costeira da Enseada do Vao, encontrárona sinalada con varios carteis indicadores da prohibición de pesca deportiva ó ser espacio natural protexido incluído no complexo intermareal Umía-O Grove-A Lanzada-Punta Bodeira e considera-la Consellería de Medio Ambiente que, ó ser zona de reproducción e cría de gran variedade de fauna mariña, a dita actividade deportiva podería ser prexudicial para as citadas aves, observaron a presencia dos denunciados, os cales se encontraban pescando con cana e carrete na beira da costa.

Feitos denunciados o día 14-4-2002, na zona costeira Punta Surmuiño, Enseada do Vao no municipio do Grove.

Data do acordo da incoación: 14-6-2002.

Precepto infrinxido: artigo 62 en relación co 53 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral, e coa Orde do 7 de xuño do 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 62 en relación co 53 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 euros.