Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.
Faise saber que contra esta cabe formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde a súa publicación ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administración do Estado e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.
Advertíndolle que, de non ser interposto, en tempo e forma, e no mesmo prazo terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo ou nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento nos termos previstos no artigo 2º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 e demais disposicións xerais de aplicación.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2002.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais
ANEXO
Empresa: J. Otero e Isabel González, C.B.
Domicilio/localidade: Sanxenxo-Pontevedra.
Nº expediente: 35/1999 (IDX) 1/99 (PO) 1667/98 (AI).
Data de resolución da dirección xeral ou consellería: 14 de xuño de 2002.
Precepto infrinxido: artigo 196 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño. Artigos 1, 4, 5 e 6 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro e artigos 15 e 25 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
Precepto sancionador: artigos 47.2º, 47.1º e 48.4º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
Sanción imposta: 3.005,08 A.