Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 83/2002 e tres máis.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Exp. nº: 83/2002.

Acta nº: 1780/2001.

Titular: Los Superbocados, S.L.

NIF/DNI: B-15498314.

Enderezo: San Isidoro, 52-A Coruña.

Materia: traballo.

Data res.: 31-5-2002.

Sanción: 901,52 A.

Feitos: con data 28-12-2001 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa de referencia, por vulneración do art. 35.5º do R.D. lex. 1/1995, do 24 de marzo, en relación coa falta de rexistro de xornada para os efectos de controla-las posibles horas extraordinarias.

Tipificación: falta grave en grao medio, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 7.5º e 39 e 40 do R.D. lex. 5/2000, do 4 de agosto, valorando a dificultade de reclamar horas extras, por falta de instrumento de control e o incumprimento do requirimento previo.

Exp. nº: 238/2002.

Acta nº: 294/2002.

Titular: Contratas y Cnes. Marineda, S.L.

NIF/DNI: B-15784572.

Enderezo: avda. do Exército, 23, 15006 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 2-7-2002.

Sanción: 1.503,13 A.

Feitos: con data 6-3-2002 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa de referencia, por vulneración dos arts. 3 b) parte C anexo IV do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro; art. 3 e dos anexos I, III e IV art. 9 do R.D. 773/1997, do 30 de maio; art. 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro; por carecer de proteccións colectivas e de cinto de seguridade na obra de construcción sita en Urb. Romardeiro-Sta. Eulalia de Liáns (Oleiros), cando o traballador realizaba traballos a unha altura aproximada de 6 metros, existindo un risco grave de caída.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.16º f) e 39 e 40, respectivamente, do R.D. lex. 5/2000, do 4 de agosto.

Exp. nº: 278/2002.

Acta nº: 1516/2001.

Titular: Urproman, S.L.

NIF/DNI: B-15483696.

Enderezo: Alcalde Pérez Ardá, nº 14-2º, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 24-11-2001.

Sanción: 1.503,13 A.

Feitos: con data 30-11-2001 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa de referencia, por vulneración dos arts. 12 da Orde do 17-8-1992 (Consellería de Industria e Comercio), en relación coa ITC MIE-A-EM 2 do Regulamento de elevación, substituído polo art. 39 do Decreto 204/1994, do 16 de xuño; e art. 6 b) da parte C do anexo IV do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, a causa do manexo dun guindastre-torre en Francisco Comesaña, s/n, Sta. Cruz (Oleiros), por un traballador non cualificado.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.16º b) e 39 e 40, respectivamente, do R.D. lex. 5/2000, do 4 de agosto.

Exp. nº: 466/2002.

Acta nº: 321/2002.

Titular: Escayolas Vidaju, S.L.

NIF/DNI: B-15716533.

Enderezo: Ameneiral-Bertamiráns-Ames.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 20-6-2002.

Sanción: 0,00 A.

Feitos: con data 6-3-2002 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa de referencia, por vulneración dos arts. 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro; arts. 3, 7 e anexo III.2 do R.D. 773/1997, do 30 de maio, en relación co risco de golpes e cortes nos pés nunha obra de construcción en Cordelería, 32 (A Coruña).

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.16º b) e 39 e 40, respectivamente, do R.D. lex. 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 18 de xullo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña