Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2002 pola que se somete a información pública o plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Sanxenxo (Pontevedra).

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, elaborou o plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Sanxenxo.

Este documento sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa 5 A-6º Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, Zona Sur, r/ Benito Corbal 37-3º, 36001 Pontevedra. En ámbolos dous enderezos poderán examina-los documentos correspondentes.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

P.A.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación