Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2002 pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de instalacións para a náutica recreativa en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

En cumprimento da normativa ambiental vixente, así como do resultado da cualificación ambiental do proxecto resolta pola Consellería de Medio Ambiente, durante trinta (30) días o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental a información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto correspondente ás novas instalacións para a náutica recreativa en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Segundo.-Para os efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.

-Servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia