Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-C-51/2002 en materia de defensa do consumidor.

De conformidad co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-C-51/02 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente no seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os día un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-C-51/02.

Denunciado: Joslebe, S.L.

Enderezo: r/ Venezuela, nº 115-119, 15404 Ferrol.

Sanción e motivo: 150,25 euros (cento cincuenta euros con vintecinco céntimos), por incumprimento das normas de información na venda de vivendas.

Data de resolución: 19-6-2002.

A Coruña, 19 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña