Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 23 de xullo de 2002, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 27077/01 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador 27077/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10-A, 2º-2ª, edificio Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes contado a partir do seguin

te día ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388), Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 27077/01.

Inculpado: Diamond Land, S.L.

Enderezo: r/ Armaná, nº 14 de Lugo.

Sanción: 120,20 euros.

Motivo: irregularidades na campaña de rebaixas de verán 2001.

Data de resolución: 12-7-2002.

Lugo, 23 de xullo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo