Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de inicio de expediente sancionador 22/2002 a Inés Bello Parga.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 22/2002, seguido de oficio, contra Inés Bello Parga, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a domicilio habitual e permanente. Expediente LU-92/010, conta 24.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio de expediente sancionador 22/2002.

Vista a denuncia presentada por Álvaro Yamandú Caballero Araujo contra Inés Bello Parga, e despois das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data 9 de xaneiro de 2002 recibiuse escrito, na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, denunciando posibles irregularidades na ocupación da vivenda 3º C da rúa Fontelo, 1 de Lugo, da que é titular Inés Bello Parga, correspondentes ó grupo de vivendas de promoción pública denominadas Illas Canarias, acollidas ó expediente LU-92/010, conta 24.

2. Con data 28 de xuño de 2002 efectuouse visita de inspección á dita vivenda resultando, segundo se recolle na acta de inspección, que non é posible localizar a ninguén nela, observándose indicios de non ocupación habitual.

Fundamentos de dereito:

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de acordo co disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio (DOG nº 109, do 9 de xuño).

2. Ó abeiro do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formularen alegacións e a achegaren tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e de conformidade co artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación do presente acordo para achegaren os documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñeren probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada no artigo 5 c) da Ley 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves: ... c) O non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» da que aparece como presunta responsable Inés Bello Parga, podéndolle sancionar con multa de 601,02 ata 3.005,06 euros, sen prexuízo do que resulte da tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Inés Bello Parga, como presunta responsable dos feitos sinalados.

Segundo.-Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez, xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e secretario a Jesús Rodríguez Anllo, auxiliar administrativo da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

Terceiro.-Conceder un prazo de quince días para os interesados achegaren cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes e, de se-lo caso, propoñeren proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor, con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselle ós interesados para os efectos oportunos.

Lugo, 3 de xullo de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo