Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do núcleo histórico de Ourense na unidade UE-4, (zona 12).

No expediente de expropiación forzosa que se instrúe dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do núcleo histórico de Ourense na unidade UE-4, zona 12, unha vez consignados os prezos xustos ante a Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, e en cumprimento do disposto nos artigos 38 e 39 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (BOE do 14 de abril), o artigo 146.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG do 26 de marzo), o artigo 209 do Regulamento de xestión urbanística aprobado por Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto (BOE do 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 1979), e demais disposicións aplicables conforme a Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE do 17 de decembro) e o Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE do 20 de

xuño), notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan o levantamento das actas de ocupación do expediente de referencia, en presencia do representante da Administración, do alcalde e do secretario do concello.

Data: 26 de agosto de 2002, ás 10 horas.

Lugar: salón de actos do Concello de Ourense.

Ó devandito acto convócase:

Predio: 3A.

Propietario: Luis Álvarez Rodríguez e Mª de las Victorias Álvarez Rodríguez.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente e publíquese o presente acordo no DOG e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben tentada a notificación non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 , do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 (BOE do 14 de xaneiro).

Ourense, 13 de agosto de 2002.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense