Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, o concurso público 33/2002 para a concesión da explotación do servicio de perruquería para pacientes nos centros deste complexo hospitalario.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: CP 33/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: concesión da explotación do servicio de perruquería para pacientes nos centros do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Canon: cantidade anual mínima que aboará o concesionario será de 200 A.

-175 A, canon pertencente ó Hospital Arquitecto Marcide.

-25 A, canon pertencente ó Hospital Profesor Novoa Santos.

5. Garantías.

Provisional: 175 A.

Definitiva: 200 A.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos concursantes para o seu exame tódolos días laborables, agás os sábados, das 9 ás 14 horas, no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n. 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono: 981 33 45 14. Fax: 981 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixirá clasificación ó contratista.

A solvencia económica e financeira acreditarase consonte o disposto no artigo 16 do TRLCAP; a solvencia técnica, cos requisitos previstos no artigo 19 do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

Realizaraa en acto público a mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no número 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais

será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios; será de 400 A.

Ferrol, 19 de xullo de 2002.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol