Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 25 de xuño de 2002, da Subdirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00039-I-2002 e trece máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas pola directora xeral de Transportes recaídas

nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa, no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso, que debe de efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390001, e, de non facelo así, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para que conste, sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00039-I-2002

Obstrucción

3325183846L145100492

Servicios Logísticos Serca, S.L.

Gardenias, pg. N, Calahorro, 2

28970 Humanes de Madrid (Madrid)

Con data de rexistro de saída 11-12-2001, foi requirida a empresa Servicios Logísticos Serca, S.L., para que no prazo de 10 días, contados desde a recepción do requirimento, remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama dos vehículos coas matrículas que se relacionaban no requirimento, do período comprendido entre o 9 de setembro e o 28 de outubro de 2001, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios nos vehículos durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 13-12-2001. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

11-2-2002; 9.56.20

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros
LU-03401-O-2001

A-6560-AZ

G.C. de Tráfico

Montaña Regueiro, S.L.

Pintor Corredoira, 6

272 Lugo

Realizar un transporte público nun vehículo destinado ó servicio privado complementario de mercadorías ó non acredita-la relación entre a empresa propietaria do vehículo e a empresa propietaria da mercadoría (transporta formigón).

14-11-2001; 11.30.16; C-630; 3,500

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.502,53 euros
LU-03446-O-2001

CS-6379-K

G.C. de Tráfico

Piecetran, S.R.L.

Pintor Corredoira, 6 B

272 Lugo

Realizar un transporte público nun vehículo destinado ó servicio privado complementario de mercadorías (saburra), ó non acredita-la relación entre a empresa propietaria do vehículo e a empresa propietaria da mercadoría. Albará: 00012097 de data 14-11-2001.

14-11-2001; 11.50.19; C-630; 3,500

Art. 102.3º Lei 16/1987 e

art. 157 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.502,53 euros

OU-02428-O-2001

V-9719-FS

G.C. de Tráfico

Gantrans, S.L.

Dels Llanterners, 4

46700 Gandía (Valencia)

Circular conducindo nun período de 24 horas, durante 13 horas e 40 minutos. Inicia conducción ás 19.10 horas, do día 17-7-2001 ata as 18 horas do día 17-7-2001.

17-7-2001; 18; A-52; 252

R(CE) 3820/1985Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.502,53 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00428-O-2001

M-9448-XK

G.C. de Tráfico

Overlease, S.A.

R/ Suc. Caño, 10 B

28411 Moralzarzal (Madrid)

Circular transportando 10 caixas de flores, carecendo de autorización de transportes. Servicio privado complementario con data do 24-10-2001. O Servicio Provincial de Transportes con data do 24-10-2001 solicita a Overlease, S.A. (titular do vehículo) a fotocopia compulsada do contrato de alugueiro do vehículo matrícula M-9448-XK, vixente en data 15-2-2001, non achegando no prazo dado, téndolle advertido que o incumprimento será considerado infracción moi grave.

15-2-2001; 10.20; N-552; 5

Art. 48 Lei 16/1987 e

art. 42 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.390 euros
PO-01517-O-2001

M-3567-ID

G.C. de Tráfico

Transnorgal, S.A.L.

Igleisa-Torneiros, 14

36410 O Porriño (Pontevedra)

Circular transportando (bordos e arquetas) mal acondicionada e sen suxeición con perigo de caída á calzada. Circular con varias arquetas que sobresaen case na súa totalidade enriba das baldeiras sen suxeición ningunha. Servicio público.

10-5-2001; 11; N-550; 135

Art. 200 R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.388,34 euros
PO-01838-O-2001

OR-4898-K

G.C. de Tráfico

Oteca, S.A.

R/ Ponferrada, s/n

324 Ourense

Circular transportando terra, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público.

2-6-2001; 12.30; CP-8004; 2

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.502,53 euros
PO-01855-O-2001

PO-1900-AH

G.C. de Tráfico

Maderas y Granitos Alonso, S.L.

A Carrasca, 5

36350 Nigrán (Pontevedra)

Circular transportando pedras de grandes dimensións dando un peso en báscula de 46.200 kg, levando un exceso de 8.200 kg, un 21,50%. Carece da correspondente autorización administrativa. Non presenta ningún tipo de solicitude ou copia. Servicio privado.

1-6-2001; 12.10; N-550; 160

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990.

Art. 200.3º R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.803,04 euros
PO-02484-O-2001

T-2245-AF

G.C. de Tráfico

Transdogama, S.L.

Aeroporto nave-Puxeiro, 118

36415 Mos (Pontevedra)

Circular transportando un contedor de peixe azul do porto de Vigo á Pobra do Caramiñal carecendo de autorización de transportes. Presenta distintivos MDP-N carecendo de tarxeta. Servicio público.

7-8-2001; 3.15; N-552; 0,100

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

2.764,66 euros
PO-03941-O-2001

7799-BCB

G.C. de Tráfico

Autos Salvado, S.A.

O Marquiño, s/n

15821 O Pino (A Coruña)

Circular co vehículo citado transportando obreiros, carecendo da autorización especial de transportes polo dito servicio e levando instalado no vehículo un aparello tacógrafo marca Veeder-Root nº 327647 1319.27 Kienzle nº homologación E1-72, carecendo da preceptiva placa de instalación en lugar visible e próxima ó conductor.

13-11-2001; 13.30; A-9; 137,500

R(CE) 3821/1985.

Art. 89 Lei 16/1987 e

art. 105 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

2.100 euros
PO-04761-O-2001

PO-3621-AW

G.C. de Tráfico

Contenedores y Servicios Carballo, S.L.

Salvador Moreno, 123, 130

361 Lourizán, San Andrés P.

(Pontevedra)

Non ter realizada a revisión periódica do disco obrigatoria do tacógrafo. Transporta entullo dunha obra. Non presenta placa de instalación na cabina, nin ningún outro lugar visible no vehículo. Servicio público. Transportar entullo, carecendo da autorización administrativa de transportes. Servicio público, leva nos laterais distintivos de vehículo pesado e ámbito local. Servicio público.

28-11-2001; 8.45.08; C-531; 24,900

R(CE) 3821/1985.

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.800 euros
XC-00250-O-2002

C-1334-H

G.C. de Tráfico

Maderas Vista Alegre, S.L.

Lg. de Obre, s/n

150 Noia (A Coruña)

Circular co vehículo citado cun disco diagrama ó que lle faltan datos na parte central deste. Falta matrícula do vehículo. Transporta 7.000 kg de madeira carecendo da autorización administrativa de transportes.

29-8-2001; 16.55; N-550; 83,600

Art. 15 R(CE) 3821/1985.

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.530 euros

XC-02393-I-2001

C-2616-BN

LO1TC50799626

Ben-Car Transporte Urgente, S.L.

Travesía de Arteixo, 285 A-1º esq.

150 Arteixo (A Coruña)

Realizar co vehículo C-2616-BN, provisto de autorización MDL-N, recollida de paquetes en distintos establecementos comerciais do polígono industrial de Pocomaco (A Coruña), polo que se require ó conductor Benito Campoy García DNI 35069465-P, a autorización correspondente de operador de transportes, manifestando non tela e non considerala necesaria. Compróbase mediante albarás nº 45248 e 42213, expedidos por Ben-Car Transporte Urgente, S.L. que estes corresponden a distintos remitentes e diferentes destinatarios. Advírtese ó Sr. Campoy que a función realizada, a xuizo desta inspección precisa da autorización xa citada, polo que se lle entrega un requirimento co fin de que sexa achegado no prazo legal.

4-10-2001; 12.10; Pocomaco

Art. 119 Lei 16/1987 e

art. 161 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.502,53 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-02991-O-2001

C-3402-CB

G.C. de Tráfico

Maderas Gª de Presedo, S.L.

Canteira de Eirís, 15

158 A Coruña

Circular transportando toros de madeira de piñeiro cunha colocación (a maioría da carga situada na parte dianteira) afecta á estabilidade do vehículo así como a citada carga non ten ningún tipo de suxeición polo que se aprecia unha inadecuada estiba da mercadoría.

14-6-2001; 11.30; N-651; 27

Art. 140 B LOTT

Art. 197 B ROTT

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.388,34 euros