Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de xuño de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese no expediente sancionador devolto polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01348-O-2000).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, unha vez firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que os sancionados as aboaran, procedan ó seu pagamento.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que defe efectuarse en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 390001, co apercibimento de que de non facelo así se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 26 de xuño de 2002.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción imposta-Resolución

recurso

-Fiador-Último enderezo

coñecido

OU-01348-O-2000

42-41-EZ

G.C. Tráfico

Luis Lisboa e Fillos, LDA

Estrada, s/n 3100

Pombal

Circular transportando luras carecendo do disco diagrama correspondente ós días 14-3-2000 entre as 11.50 e as 18 horas do día 14, cunha diferencia de 412 quilómetros.

15-3-2000; 8.15; OR-P-000; 2

Artigo 15 do R(CE)3821/1985Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990276,47 euros

Desestimado

Juan J. Iglesias González

Cat. La Fuente Vidal, 15-1º D

03008 Alicante